MANUEL MARÍA

somos nós: a xente e mais a fala

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Logo Manuel María Deputación da Coruña

COÑECER MANUEL MARÍA,

CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS

MANUEL MARÍA

A Deputación da Coruña lanza arredor do 17 de maio, Día das Letras, un programa de actividades para coñecer Manuel María e difundir a súa obra, con actos multidisciplinares, didácticos, divulgativos e participativos.

 

O obxectivo é achegar á veciñanza dos diferentes concellos a vida e obra de Manuel María de xeito atractivo, próximo e lúdico.

Preténdese traballar a poesía expandida, a videopoesía e a conexión social.

 

Para iso, as actividades realizaranse fundamentalmente na rúa e nas redes sociais.

Manuel María é un dos poetas máis importantes da literatura galega contemporánea e un referente para as xeracións máis novas. Tamén libreiro e editor, foi persoa comprometida co noso país, lingüística, cultural, social e politicamente.

 

A súa figura foi fundamental para a restauración da lingua e literatura galegas despois do levantamento militar. É o primeiro autor novo que publica un libro tras o golpe de 1936 (Muiñeiro de brétemas, 1950).

 

A súa obra poética constitúe un dos territorios creativos máis ricos da nosa literatura e o seu amplo corpus literario comprende, ademais, obras de narrativa, teatro e ensaio.

 

En 2003 entrou na Real Academia Galega e a súa obra e o seu compromiso co país foi recoñecido con premios como o Pedrón de Ouro ou o Otero Pedrayo.

 

Divulgador cultural, percorreu todo o territorio galego impartindo conferencias, charlas e participando en debates como coñecedor e dinamizador da cultura galega.

 

A mellor maneira de celebrar a súa obra é actualizala e dála a coñecer tamén a través de novos soportes e de creacións orixinais para que a nosa lingua teña o futuro que el desexaba.

ACTIVIDADES

Photocall

"Manuel María somos nós"

Videopoema colectivo

Fai unha foto cos versos do poeta!

 

#OMeuManuelMaría

A CORUÑA

 

 

 

 

 

 

 

 

AMES

 

 

CARBALLO

 

 

PONTEDEUME

 

 

RIBEIRA

10 de maio

de 10 a 13 h.

 

16 de maio

de 10 a 13 h.

 

16 de maio

de 17 a 20 h.

 

10 de maio

de 17 a 20 h.

 

11 de maio

de 11 a 14 h.

 

11 de maio

de 17 a 20 h.

 

12 de maio

de 11 a 14 h.

Teatro Colón

 

 

Hall Forum Metropolitano

 

Centro Ágora

 

 

Milladoiro. Praza Manuel Murguía

 

Pazo da Cultura

 

 

Rúa Real,

fronte ao Concello

 

Praza do Concello

Videopoema documental

"De oficio poeta"

Grávate recitando uns versos do poema “Galiza” e forma parte dunha peza colectiva que se estreará na rede e na Biblioteca Provincial o vindeiro día 21 ás 13 h.

1.
Grávate recitando o poema “Galiza” de Manuel María.
Escolle u
n fragmento ou faino enteiro. Podes descargalo aquí

 

2. Fainos chegar o teu vídeo. Podes usar este formulario, ou compartilo nas nosas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram) Non esquezas usar o cancelo #OMeuManuelMaría.

 

Tes de prazo ata o día 17 de maio, incluído. Agardámoste!

Obradoiro

Se tes entre 8 e 12 anos, ven coñecer Manuel María e ilustra poemas da obra “As rúas do vento ceibe”.

 

Venres 13 de maio de 17:15 a 20:15 h. na Biblioteca Provincial da Coruña. Dirixido fundamentalmente a público infantil e xuvenil.

20 prazas, previa inscrición ou entrada libre ata completar aforo

 

Lugar de inscrición: Biblioteca infantil-xuvenil da Biblioteca Provincial. R/ Rego de Auga, 37. A Coruña  (981 080 175)
Horario: de 10:30 a 13:30 h. e de 17:00 a 20:00 h.

(Versión subtitulada para persoas xordas nesta ligazón)

 

Manuel María fala de si a través dos seus versos e a súa contorna, nunha peza experimental.

Estrea, 21 de maio ás 13 h. na Biblioteca Provincial

 

Logo Manuel María Deputación da Coruña

MANUEL MARÍA

somos nós:

a xente e mais a fala

Logo Manuel María Deputación da Coruña